lunes, 3 de febrero de 2014

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

BOA PORCENTAXE DE VITORIAS ESTE FIN de semana

Triunfos dos nosos benxamíns A 2 -11 en Santiago contra o Compos B, aínda que de novo empezamos perdendo. Tamén gañaron en Ferrol o equipo Benxamín B (2 -3). Por primeira vez triunfos dos dous equipos alevíns, os rapaces en Carballo (3-6) e as rapazas en Santiago contra Compostela C, por un claro 0 a 3. Perderon os infantís cun implacable Ordenes (1-7) e os xuvenís, nun bo partido por 5 a 2 contra Dominicos.

Este fin de semana destacamos a merecida vitoria das rapazas. Goles de Alejandra, Flor e María Pérez, que estiveron moi ben acompañadas na pista por SabelaMaría Lourido e Aroa. Mención especial a Leticia, que debido á lesión da nosa porteraza Ainhoa, tivo que iniciar antes de tempo a súa andaina no equipo, e está a sorprender a todos con actuacións brillantes.


Parabén Rapazas. Estades a xogar contra equipos masculinos ou mixtos e xa sabedes que se pode (nós xa o sabiamos)



No hay comentarios:

Publicar un comentario