domingo, 13 de abril de 2014

Final da tempada dos xuvenils

Finaliza a primeira tempada do equipo xuvenil do noso club. Seguramente as cousas non saíron exactamente como agardabamos. Moitas circunstancias impediron adestrar o que quiseramos e os partidos mostraron sempre unha irregularidade que lastrou ao equipo.Esperamos moito da tempada que vén, porque os xogadores son moito mellores do que din os resultados. E para mostra deixámosvos un gol da derrota desta mañá 5 a 6 con Compañia B.