lunes, 24 de septiembre de 2012


Partido amistoso Alevín e Infantil - Homenaxe Borbolla

O venres pasado, día 21, celebróuse unha xornada de partidos amistosos entre os equipos de Alevín e Infantil do Hockey Clube Cambre e o Hockey Clube Borbolla.

Os nosos representantes fixeron un bo papel ainda que o marcador non amosou un resultado favorable para os Cambreses.


















O sábado, o equipo de HC Borbolla, no seu primeiro encontro na OK LIGA FEMENINA, brindou unha homenaxe a tódolos equipos polos que pasaron as súas xogadoras antes de chegar a máxima categoría do hockey a nivel nacional. As xogadoras prepararon un mosaico coas camisetas dos distintos equipos da súa formación no que figuróu a camiseta do Hockey Clube Cambre.



jueves, 20 de septiembre de 2012

HOMENAXE DO H.C. BORBOLLA AOS CLUBES CORUÑESES

Esta fin de semana vaise celebrar o partido da OK LIGA FEMININA que enfrontará ao HC Borbolla (primeiro equipo coruñes en xogar nesta categoría) e ao CP Manllou.

Con motivo deste partido que se celebrará no pavillón de Montealto o sábado ás 19.30 horas, as xogadoras do Borbolla queren facer unha homenaxe a todos aqueles clubs nos que militaron as xogadoras do equipo nos seus anos de experiencia.

Dentro dese compendio de clubs encóntrase o HC Cambre polo que a nosa camiseta figurará nesa sinxela pero sentida homenaxe á que estades todos invitados.

Boa sorte ás nosas compañeiras do Borbolla nesta nova aventura, entre as que se atopa a nosa adestradora Miriam de la Fuente.



Consulta máis información sobre o evento neste enlace


domingo, 16 de septiembre de 2012

CALENDARIO DEFINITIVO DE ADESTRAMENTOS


A actividade de TECNIFICACIÓN queda posposta ata finalizar a inscrición de nenos e nenas do clube para esta tempada o que facilitará a xestión dos grupos que, segundo un calendario fixado, asistirán a esta dinámica específica coa nosa nova adestradora Mirian de la Fuente.

Previsiblemente, o finaliza-lo mes ou comezos de Outubro celebraremos unha reunión cos pais de todos os nenos/ás do club para expoñer as novidades desta nova tempada de adestramentos e competicións. Esperamos ter, para entón, toda a información posible sobre os equipos e xornadas de competición para este ano.

Queremos pedir a vosa colaboración para a promoción do noso clube. Temos á vosa disposición trípticos con información do mesmo e estariamos encantados se puidésedes axudarnos a darlles difusión deixándoos naqueles lugares que creades que poden espertar interese (lugares de traballo, asociacións, institucións, etc..)

lunes, 3 de septiembre de 2012

A volta de vacacións...

Xa está aquí Setembro e debemos volver ao traballo.
En moi poucos días comezaremos de novo cos adestramentos que este ano se desenvolverán con varias novidades:

- Horarios ampliados, adestramentos repartidos durante todos os días da semana, o que permitirá aumentar e racionalizar os horarios de adestramento.

- Novas instalacións, o adestramento dos equipos de Alevín e Infantil realizarase no pavillón da Rabadeira (Oleiros), un pavillón perfecto para a práctica de deportes de patín que axudará a dar un salto de calidade nas aptitudes dos nosos rapaces.

- Novos adestradores, contamos este ano cunha nova incorporación dentro do elenco de adestradores do club, Miriam, nova xogadora do Borbolla e procedente do Biesca Gijón, club co que se proclamou campiona de Europa de clubes a tempada pasada.

A continuación detállase o horario de adestramentos para o inicio de tempada.



O comezo e entrenamentos realizaráse o luns día 10 de Setembro.


Tedes a vosa disposición a ficha de inscripción para esta tempada que solicitamos nos fagades chegar no menor plazo posible.
FICHA DE INSCRIPCION