lunes, 24 de febrero de 2014

FIN DE SEMANA 22-23 FEBREIRO


BOA XORNADA DO CLUB ESTE FIN de semana

Melloramos a anterior. Lóxica derrota dos xuvenís contra o Liceo, un dos mellores equipos xuvenís de España, e ademáis coas baixas de Lorenzo e Manu (esperemos que por pouco tempo), vitoria dos Alevíns dos chicos en Santiago (0-5) co Compos B, derrota do Alevín das rapazas con Borbolla(0-3), empate dos Benxamíns de 1ª cun potente Ordenes e vitorias abultadas de Benxamíns de 2ª (12-3) co Compos C e dos Prebenxamíns contra compañía de Maria C (0-7).




Esta semana destacamos a segunda parte dos Benxamíns A. Nos fomos ao descanso perdendo por 3 a 0 e, lonxe de baixar os brazos, deixáronse todo ata empatar nunha brillante segunda parte, onde quizas cun par de minutos máis terían logrado o cuarto. Ese é o camiño!!

Deixámosvos imaxes do gol do empate, marcado por Xian, estando no sitio xusto para remachar. Un empate que nos gustou máis que moitas vitorias.


GRAN EMPATE DOS BENXAMÍNS

No hay comentarios:

Publicar un comentario