miércoles, 14 de noviembre de 2007

Nunca debemos esquecer os comezos...


Un equipo principiante nisto do hóckey comezaba os seus pinitos en competición oficial, hai uns anos... Competían con carácter oficial, pero non eran denominados un club.

Con ganas e ilusión de que este equipo se convertese nun club, os pais dos xogadores puxéronse mans á obra para conseguir ese ansiado "título".

Tras unha seria pelexa contra o mundo, o proxecto cobraba vida e case o conseguiran... Cambre podería ter un club propio de hóckey.

Tras semanas de espera, por fin, conseguiran o que máis ilusión lles facía, crearan un club que partira dunhas actividades extraescolares impartidas no pavillón de O Temple ... Nacera o Hóckey Club Cambre.

Agora son unha gran familia que se uniu para facer destes rapaces uns campións, por fin son un club e é hoxe cando o poden berrar ao ceo orgullosos, xa que é un traballo presidido polo seu sacrificio e esforzo.
*Aquí a foto da gran familia, na disputa dun torneo de pretempada.