miércoles, 23 de mayo de 2012

Resultados última xornada (20/5/2012)


Os partidos la última xornada da tempada se deselvolveron nún ambiente inmellorable que facilitou que os nosos equipos fixeran un gran papel, con resultados ben distintos, pero cun xogo de equipo que demostrou como o grupo de niñ@s do comezo da tempada derivou nun grupo de amig@s que mellorou de forma ostensible nun deporte que á vez lles gusta e lles axuda no seu desenvolvemento motor e social.


Prebenxamín B
 HOCKEY CLUB CAMBRE "B" 0 - SANTA MARIA DEL MAR "B"  7

fotografía en obras

Benxamín 
HOCKEY CLUB CAMBRE  6  - COMPAÑIA DE MARÍA "C"     0  








lunes, 14 de mayo de 2012

CAMPIONS DE LIGA - PREBENXAMIN


CAMPIÓNS DE LIGA
PREBENXAMÍN 2011-2012






O Hockey Club de Cambre triunfou de novo resultando campión de Liga Prebenxamín Autonómica.


FELICIDADES, CAMPIÓNS



Resultados última xornada (12/5/12)


Prebenxamín A
 HOCKEY CLUB CAMBRE "A" 11 - OBRADOIRO "C"   0

O derradeiro encontro. O momento final. A culminación de tódolos esforzos desta tempada.
Sonóu o "We are the champions" no pavillón para festexar un recorrido exitoso que rexistróu uns números na clasificación que non deixan lugar a dúbidas.



EQUIPO                                            PJ   PG   PE   PP    GF    GC  PTS
---------------------------------------------------------------------------
HOCKEY CLUB CAMBRE "A"                  20   19    1    0   151    22   58



  
Benxamín 
HOCKEY CLUB CAMBRE  3  - COMPAÑIA DE MARÍA "C"      3  

Comezou o partido cun xogo fluído e elegante, mostrando todo o aprendido este ano, pero como nos adoita acontecer o resultado púxosenos en contra.
Pero esta vez o empate soubo a vitoria xa que se remontou un resultado en contra con sufrimento e entrega. Houbo emoción ata o final esperando a merecida vitoria.



Alevín
HOCKEY CLUB CAMBRE  6 - XOLDA  12

Partido amigable de fin de festa onde se gozou de moi bo xogo por parte de ambos os dous equipos. Destaca a estrea na portaría de Germán onde con sufrimento e pasando moita calor puido evitar máis dun gol. Hai moitos proxectos e esperanzas cos rapaces de Alevín para a tempada que vén.



domingo, 6 de mayo de 2012

Resultados última xornada (5 e 6 de maio 2012)

Escola Hockey Club Cambre


"Ás rapazas son guerreiras" como xa dicía canción. Acudiron a convocatoria sete integrantes dá nosa escola que fixeron un papel inmellorable, gañando todos os encontros que tiveron que disputar e mostrando o gran nivel que está a coller a nosa canteira.


Prebenxamín A
 HOCKEY CLUB CAMBRE "A" 5 - OBRADOIRO "B"   0

Unha lección de bo facer, de xogo en equipo, ese mesmo que lles levou onde están nesta tempada. A clasificación dio todo, equipo menos goleado, equipo máis goleador, pero sobre todo co interese do xogo en equipo. Xa se está a achegar a ansiada celebración desta tempada.

 




Prebenxamín B
Club A.A. DOMINICOS "B"    5 - HOCKEY CLUB CAMBRE "B"        5

Un empate disputado, un encontro moi disputado, onde o noso equipo co goleador á cabeza mantivo un pulso complicado cos integrantes do Dominicanos. O noso equipo nestes últimos encontros da liga está a demostrar a evolución de todos os xogadores e da súa integración no xogo de equipo.







Benxamín
HOCKEY CLUB CAMBRE  3  - RAXOI "B"       

Unha primeira parte inmellorable que acabou coa vitoria ao descanso do Cambre (3-2), con presión en todo o campo e xogadas ao contragolpe con pases que deixarían abraiado ao mesmo Bargalló fué unha visión de futuro, dun futuro que se enxerga próximo, xa que na próxima tempada o xogo deste primeiro tempo se estenderá a todo o partido obtendo vitoria tras vitoria para un equipo que demostrou a súa evolución en todos e cada un dos partidos desta tempada.