lunes, 30 de abril de 2012

Resultados Última Xornada (28/4/2012)


Prebenxamín A
CLUB COMPAÑÍA DE MARÍA "D"          3  HOCKEY CLUB CAMBRE "A"              5


A falta de 2 partidos para rematar a liga (a última xornada tócanos descansar) e con 52 puntos e encabezando a táboa, os nosos rapaces de Prebenxamín A xa saborean o éxito sen descoidar cada un dos encontros que disputan. Neste caso tivéronse que gardar as costas xa que calquera despiste podería ter botado a perder cunha custosa vitoria.





Prebenxamín B
HOCKEY CLUB CAMBRE "B"              5  A.D.C. OBRADOIRO "C"                2

Aí está. VITORIA. Estábano a merecer dende hai moito tempo e por fin chegou. Un partido emocionante onde o bo facer de todos os nosos xogadores deu os seus froitos comezando a sumar punto tras punto.



Benxamín 
CLUB HOCKEY COMPOSTELA "B"          8  HOCKEY CLUB CAMBRE                  0


Sen contar con que o noso único (tampouco o podería haber mellor) porteiro e a nosa defensa máis aguerrida case non nos chegan a tempo ao partido por un pequeno e por sorte, inocente contratempo na autoestrada (achégase proba fotográfica)


E obviando que os disparos exteriores e o ataque contundente do equipo contrario deixaron un marcador avultado na nosa contra, temos que destacar a valentía e a ilusión dun equipo como hai poucos que teñen que sentirse orgullosos de TODAS e CADA UNHA das súas actuacións.


domingo, 29 de abril de 2012

1ª Reunión da nova Xunta Directiva


O pasado venres 27 de Abril celebrouse a primeira reuníón da nova Xunta Directiva do club. A ilusión desbordaba a sala de reunións que, amablemente como sempre, puxo á nosa disposición a cafetaría SHIVA na Barcala, colaborando dende hai tempo nas celebracións e eventos do club.

Os puntos a tratar nesta, como noutras reunións, están a disposición de calquera membro do club no libro de actas, pero podemos resumilos é a necesidade de solicitude de instalacións e horas de adestramento para o próximo curso, a busca de patrocinadores para axudar na marcha do club, a revisión económica das contas deste e a distribución de pequenas pero importantes tarefas entre os membros da xunta que facilitarán próximas cuestións a resolver.

Bo traballo e moitas grazas pola vosa implicación.


martes, 24 de abril de 2012

HOCKEYCREATIVO

Tamén temos unha parte creativa. Aquí móstrase un vídeo moi curioso emulando os clásicos do "hóckey mudo".
Animámosvos a producir xoias como estas para colgar é este escaparate e que poidamos gozalos todos.

domingo, 22 de abril de 2012

Resultados Ultima Xornada (21 y 22 Abril 2012)

Prebenxamín A
 HOCKEY CLUB CAMBRE "A" 7 - S.D.C. SANTA MARIA DEL MAR "C"


Continuando coa súa andaina cara á consecución da liga os integrantes do equipo de Prebenjamín A obtiveron un resultado contundente tras pasar por un primeiro tempo con algunhas dúbidas. Na segunda parte do encontro puideron demostrar un control do xogo que permitiu descubrir novos valores na punta do xogo comoDiego, tamén chamado "rata de área".





Prebenxamin B
CLUB COMPAÑIA DE MARIA "C" 3 - HOCKEY CLUB CAMBRE "B" 2

Faltou un pelo, para que os nosos chic@s recollesen o premio que se levan merecendo dende hai un tempo; esa vitoria merecida froito da loita e a constancia. O traballo en equipo e o bo facer dunha nova figura na portaría deste equipo mostraron as posibilidades dunha futura vitoria.



Benjamin 
HOCKEY CLUB CAMBRE 0 - H.C. LICEO-COINASA "C" 3


Incluída a polémica arbitral que proporcionou o penalti que ocasionou o primeiro gol, o partido tivo todos os ingredientes dun dos mellores encontros disputados polos nosos xogadores/ás do equipo de Benxamín. Souberon manter a raia un equipo experimentado e agresivo que non se encontrou cómodo en ningún momento.

lunes, 16 de abril de 2012

Resultados última xornada (14/3/2012)

Prebenxamín A

Resultado conservador (1-1) nun partido moi emocionante contra oSanta María del Mar B que nos permite manter a raia o noso inmediato competidor e conservar a esperanza de, sen ter o traballo feito aínda, sumar un novo trofeo ás vitrinas do club.

Prebenxamín B

O resultado de 1-5 contra o Obradoiro B é resultado de que nos gusta ter controlados a todos os competidores da táboa polo que agradecemos ás nosas grandes promesas do equipo de PrebenxamínB que se manteñan ao final da táboa pechando o grupo e evitando que ninguén se descolgue.

Benxamín

H.C. LICEO-COINASA "B" 13 -- HÓCKEY CLUB CAMBRE 0
O equipo de benxamíns enfrontouse aos primeiros clasificados da táboa co honor a que nos teñen afeitos mostrando a ilusión e as ganas de facer as cousas ben que lles permitirán obter éxitos en pouco tempo.