domingo, 25 de noviembre de 2012

XORNADA DE ENCONTROS 24 e 25/11/12


HOCKEY CLUB CAMBRE 13 - SANTA MARIA DEL MAR 4
Prebenxamín, sumando victorias sen fallo

CLUB A.A. DOMINICOS 2 - HOCKEY CLUB CAMBRE 10
Benxamín, cuartos cun partido menos








H.C. BORBOLLA "B" 4 - HOCKEY CLUB CAMBRE  2
ALEVIN, MELLOR XOGO QUE NUNCA





HOCKEY CLUB CAMBRE 4 - HC COMPOSTELA "A" 7
Infantil, partido con polémica arbitral incluida



jueves, 22 de noviembre de 2012

lunes, 19 de noviembre de 2012

XORNADA DE ENCONTROS 18.11.2012

HC CAMBRE 11 - ORDENES 2
Segunda xornada, primeira victoria para os Benxamíns


O equipo Benxamín conseguiu un resultado abultado contra o equipo de Ordenes, equipo que está comenzando a súa andadura pero que non por iso deixou de ser un grupo competitivo cara o cual os nosos xogadores fixeron una defensa agresiva que permitiu contragolpes e xogadas elaboradas.







HC CAMBRE 3 - ESCOLA LUBIANS 7
Segunda xornada, primeira derrota para os Alevíns

O noso equipo atopóuse cun rival incómodo que non deixóu que se desenvolvesen todas as boas ideas que xurden nas cabezas dos nosos xogadores. O resultado non reflexa o esforzo realizado pero si unha deficiencia na defensa da nosa área.



TORNEO INTERCENTROS

Este sábado tivo lugar a primeira xornada do Torneo Intercentros, creado para achegar ao mundo da competición a aqueles xogadores que se inician no deporte do patín.

Nesta xornada o noso equipo formado por Xoana, Pedro, Hugo, Bruno, Sergio, Iria, Nerea, Valentina y Carla realizou un encontro fantástico acadando un empate no resultado.

INTER CAMBRE - OBRADOIRO AZUL 4






sábado, 17 de noviembre de 2012

XORNADA DE ENCONTROS 17.11.2012

HC RIAZOR 0 - HC CAMBRE 6
Primeira Victoria do equipo Prebenxamín


Nesta "fermosa" maña do sábado producíuse a primeira de moitas victorias para o equipo Prebenxamín. Ainda coa ausencia dun dos membros do equipo impúxose ao equipo do HC Riazor por un contundente 6-0.

Os tantos viñeron dos sticks de Samu (2), Aroa (3) e Cris (1). E de destacar a gran labor defensiva de todos os membros do equipo e o papel destacado dunha debutante na portería (Edén).


DOMINICOS 10 - HC CAMBRE 3
Regular comezo de liga para o equipo Infantil.

As 18.00 horas tivo lugar o encontro contra o equipo de Dominicos o cal constou de 2 partidos en un. O primeiro, onde o noso equipo acadou unha victoria de 2-3 e un segundo onde déronse a volta as tornas e o parcial de 7-0 para o equipo de Dominicos deixou un resultado final de 10-3.
O bo xogo da primeira metade do partido amosa as posibilidades de obter resultados favorables nas próximas xornadas.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

I TORNEO INTERCENTROS

Esta fin de semana comeza a I TORNEO INTERCENTROS que, organizada polos equipos de Obradoiro, Lubiáns, Compañia de Maria e Cambre, pretende servir como achegamento o mundo da competición cun perfil educativo e unha salvaguarda importante dos valores de participación e colaboración que deben primar en calquera deporte infantil.

O equipo que Cambre para este TORNEO será o seguinte:


Equipo INTER DE CAMBRE
Xoana 
Iria
Carla
Nerea
Hugo
Alejandra
Valentina
Bruno

Adxunto queda  a vosa disposición o documento cos obxectivos do TORNEO e o calendario previsto.

domingo, 11 de noviembre de 2012

Encontro Alevín HC CAMBRE- CP CERCEDA

CP CERCEDA 2HC CAMBRE 5

Encontro accidentado con intervención dos servizos de emerxencia (rematouse a provisión de arnica para os golpes) que tiveron que atender a xogadores do noso equipo por varios remates de cabeza que non chegaron a ser gol. Alejandra y Brais sufriron a dureza da bola nas suas respectivas cabezas.
Tras a charla previa o partido para deixar as cousas claras,


e un pouco de quencemento,


a primeira parte transcurriu con altibaixos e nervios propios dos primeiros partidos da tempada, pero se rematou cun marcador favorable 1-3.

A reunión do descanso serve para calmar os animos e volver o campo con outra perpectiva de xogo.



As boas intervencións de todos os membros do equipo deron os seus froitos e acadouse o claro resultado final de 2-5.


Encontro Benxamín HC CAMBRE - HC BORBOLLA

HC CAMBRE 4 - HC BORBOLLA 4
O primeiro encontro do equipo de Benxamín na tempada actual comenzóu con nervios e incertidumes, Ainda que os nosos saíron a buscar a vitoria dende o primeiro momento atopáronse sen saber como cun penalti que detivo o noso porteiro Ramón e posteriormente con dous goles en contra antes do descanso.
Na segunda parte catro goles seguidos do noso equipo deron a volta o marcador pero o equipo contrario conseguiu igualar o resultado.





domingo, 4 de noviembre de 2012

PORTEIR@S

A sección de PORTEIR@S do clube quere amosarvos unhas imaxes do bo traballo que se está realizando nos adestramentos específicos que están levando a cabo os xoves da mán do noso adestrador de porteir@s Ramón.
XOANA

JACOBO

EDEN

RAMÓN

sábado, 3 de noviembre de 2012

Consulta os próximos partidos

Non deixes de consultar na sección de PROXIMOS ENCONTROS os calendarios da liga e toda a información sobre os próximos partidos de cada categoría.