lunes, 24 de febrero de 2014

FIN DE SEMANA 22-23 FEBREIRO


BOA XORNADA DO CLUB ESTE FIN de semana

Melloramos a anterior. Lóxica derrota dos xuvenís contra o Liceo, un dos mellores equipos xuvenís de España, e ademáis coas baixas de Lorenzo e Manu (esperemos que por pouco tempo), vitoria dos Alevíns dos chicos en Santiago (0-5) co Compos B, derrota do Alevín das rapazas con Borbolla(0-3), empate dos Benxamíns de 1ª cun potente Ordenes e vitorias abultadas de Benxamíns de 2ª (12-3) co Compos C e dos Prebenxamíns contra compañía de Maria C (0-7).




Esta semana destacamos a segunda parte dos Benxamíns A. Nos fomos ao descanso perdendo por 3 a 0 e, lonxe de baixar os brazos, deixáronse todo ata empatar nunha brillante segunda parte, onde quizas cun par de minutos máis terían logrado o cuarto. Ese é o camiño!!

Deixámosvos imaxes do gol do empate, marcado por Xian, estando no sitio xusto para remachar. Un empate que nos gustou máis que moitas vitorias.


GRAN EMPATE DOS BENXAMÍNS

lunes, 17 de febrero de 2014

XOGADORAS DO HOCKEY CLUB CAMBRE CITADAS PARA CONTROL DA FEDERACIÓN GALEGA

AS RAPAZAS, CITADAS PARA UN CONTROL DA FEDERACION GALEGA DE HÓCKEY.

As nosas xogadoras Elena, Flor, AlejandraSabela e María PÉrez foron citadas para un control da Federación Galega de Hockey o martes en Montealto.

Está claro que o traballo ten resultado. As maiores a loitar por entrar na selección e as pequenas por facerse un lugar no futuro...pero todas a gozar deste premio, aprender e divertirse.

Parabén pequenas.

Para celebralo, aquí vos deixamos os goles de María Pérez contra o Compos

miércoles, 12 de febrero de 2014

As novas CAMISETAS cK

cK cK cK cK  cK  cK  cK  cK cK cK cK cK  cK cK  cK cK cK  cK  cK   cK cK cK cK cK  cK  cK  cK cK cK  cK cK  cK  cK  cK cK cK cK cK  cK cK cK cK cK  cK cK cK cK cK  cK cK cK  cK cK  cK cK cK cK cK  cK cK cK cK cK  cK cK cK cK cK 

¿que é a cK? Esto e o que lle anda na cabeza a todo o mundo.

Se aínda non tes a nova camiseta do clube, estás a cometer un TERRIBLE ERRO.

lunes, 10 de febrero de 2014

lunes, 3 de febrero de 2014

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

BOA PORCENTAXE DE VITORIAS ESTE FIN de semana

Triunfos dos nosos benxamíns A 2 -11 en Santiago contra o Compos B, aínda que de novo empezamos perdendo. Tamén gañaron en Ferrol o equipo Benxamín B (2 -3). Por primeira vez triunfos dos dous equipos alevíns, os rapaces en Carballo (3-6) e as rapazas en Santiago contra Compostela C, por un claro 0 a 3. Perderon os infantís cun implacable Ordenes (1-7) e os xuvenís, nun bo partido por 5 a 2 contra Dominicos.

Este fin de semana destacamos a merecida vitoria das rapazas. Goles de Alejandra, Flor e María Pérez, que estiveron moi ben acompañadas na pista por SabelaMaría Lourido e Aroa. Mención especial a Leticia, que debido á lesión da nosa porteraza Ainhoa, tivo que iniciar antes de tempo a súa andaina no equipo, e está a sorprender a todos con actuacións brillantes.


Parabén Rapazas. Estades a xogar contra equipos masculinos ou mixtos e xa sabedes que se pode (nós xa o sabiamos)