domingo, 6 de mayo de 2012

Resultados última xornada (5 e 6 de maio 2012)

Escola Hockey Club Cambre


"Ás rapazas son guerreiras" como xa dicía canción. Acudiron a convocatoria sete integrantes dá nosa escola que fixeron un papel inmellorable, gañando todos os encontros que tiveron que disputar e mostrando o gran nivel que está a coller a nosa canteira.


Prebenxamín A
 HOCKEY CLUB CAMBRE "A" 5 - OBRADOIRO "B"   0

Unha lección de bo facer, de xogo en equipo, ese mesmo que lles levou onde están nesta tempada. A clasificación dio todo, equipo menos goleado, equipo máis goleador, pero sobre todo co interese do xogo en equipo. Xa se está a achegar a ansiada celebración desta tempada.

 




Prebenxamín B
Club A.A. DOMINICOS "B"    5 - HOCKEY CLUB CAMBRE "B"        5

Un empate disputado, un encontro moi disputado, onde o noso equipo co goleador á cabeza mantivo un pulso complicado cos integrantes do Dominicanos. O noso equipo nestes últimos encontros da liga está a demostrar a evolución de todos os xogadores e da súa integración no xogo de equipo.







Benxamín
HOCKEY CLUB CAMBRE  3  - RAXOI "B"       

Unha primeira parte inmellorable que acabou coa vitoria ao descanso do Cambre (3-2), con presión en todo o campo e xogadas ao contragolpe con pases que deixarían abraiado ao mesmo Bargalló fué unha visión de futuro, dun futuro que se enxerga próximo, xa que na próxima tempada o xogo deste primeiro tempo se estenderá a todo o partido obtendo vitoria tras vitoria para un equipo que demostrou a súa evolución en todos e cada un dos partidos desta tempada.





1 comentario:

  1. Estirando...que equipo tan disciplinado. Cada día me gusta más el BLOG

    ResponderEliminar