lunes, 14 de mayo de 2012

Resultados última xornada (12/5/12)


Prebenxamín A
 HOCKEY CLUB CAMBRE "A" 11 - OBRADOIRO "C"   0

O derradeiro encontro. O momento final. A culminación de tódolos esforzos desta tempada.
Sonóu o "We are the champions" no pavillón para festexar un recorrido exitoso que rexistróu uns números na clasificación que non deixan lugar a dúbidas.



EQUIPO                                            PJ   PG   PE   PP    GF    GC  PTS
---------------------------------------------------------------------------
HOCKEY CLUB CAMBRE "A"                  20   19    1    0   151    22   58



  
Benxamín 
HOCKEY CLUB CAMBRE  3  - COMPAÑIA DE MARÍA "C"      3  

Comezou o partido cun xogo fluído e elegante, mostrando todo o aprendido este ano, pero como nos adoita acontecer o resultado púxosenos en contra.
Pero esta vez o empate soubo a vitoria xa que se remontou un resultado en contra con sufrimento e entrega. Houbo emoción ata o final esperando a merecida vitoria.



Alevín
HOCKEY CLUB CAMBRE  6 - XOLDA  12

Partido amigable de fin de festa onde se gozou de moi bo xogo por parte de ambos os dous equipos. Destaca a estrea na portaría de Germán onde con sufrimento e pasando moita calor puido evitar máis dun gol. Hai moitos proxectos e esperanzas cos rapaces de Alevín para a tempada que vén.



No hay comentarios:

Publicar un comentario