martes, 30 de septiembre de 2014

DEBUT DO FEMENINO

GRAN DEBUT DAS NOSAS RAPAZAS
Derrota axustada contra Dominicos, 3 a 1, nun partido onde tratamos ao mesmo nivel a un claro candidato a gañar a liga galega.
A loita e o descaro que mostraron durante todo o partido emocionáronnos aos que vimos formarse a este equipo en só ano e medio. A dirección, xa dentro da pista, dunha espectacular Miriam de la Fuente, arrastrou e fixo crecer as nosas nenas, que parecian levar xogando toda a vida contra as brillantes e experimentadas xogadoras de Dominicos.
Para rematar a noite, aqui deixámosvos o video no que Miriam comunica as súas rapazas que vai xogar a liga con elas. Unha campioa de Europa nas filas do noso modesto club. Non podemos empezar mellor o ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario