jueves, 9 de enero de 2014

PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓN DO NOVO ANO

Xa estamos de novo na loita.

Esta fin de semana preséntase chea de deporte, compañerismo e emoción.

O sábado temos, para abrir boca, o partido d@s nos@s prebenxamíns as 11.30 no Agra I.
Pola tarde e todo nos Campóns e confiando en que nos acompañedes nesta tarde deportiva (ABRIMOS O CHIRINGUITO AS 16.30 HORAS) con encontros para os equipos de Benxamín A (17.30), Benxamín B (16.30), Alevín B (18.30) e Infantil (19.30).


O Domingo partiremos moi cedo (saída prevista do autobús as 7.30 horas da porta do concello de Cambre) en dirección a Vigo para os partidos de Benxamín B (10.30), Alevín A (11.30) e Xuvenil (12.30) no pavillón do Carmen.
Aquí deixamos un plano da súa situación (Avda. de Castrelos 1)


No hay comentarios:

Publicar un comentario